60% de abonos vendidos para o Resurrection Fest Estrella Galicia 2018 e entradas para venres e sábado á venda

En primeiro lugar, queríamos agradecer a todo o noso público pola confianza depositada unha vez máis en nós, e acadar que a estas alturas de ano xa estean o 60% dos abonos de 3 días vendidos. Algo insólito e que marca un novo récord no festival. Moitas grazas aos que xa tedes a entrada!

Por outro lado, sabedes que sempre escoitamos ao noso público a diario e somos conscientes de todos os vosos comentarios tralo primeiro anuncio. Tede en conta que son só as primeiras bandas que puideron ser confirmadas para actuar no festival, e por iso gustaríanos dicir que próximamente haberá un novo anuncio de bandas coas que quedan e que equilibrarán a balanza no cartel para favorecer os xéneros que non están tan representados e lograr o equilibrio habitual no cartel. Sabemos que vos encantará!

Por último e non menos importante, tras todas as mensaxes preguntando ao logo destes días, o próximo domingo 26 de novembro ás 12:00 do mediodía poremos á venda as entradas diarias de venres e sábado a un prezo único de 85 € + gastos. Como saberedes, o venres 13 de xullo terá lugar a actuación de Scorpions e o sábado 14 de xullo a actuación de KISS, ademáis doutras 30 bandas que os acompañarán cada día, polo que xa se poderán mercar entradas se sabedes que só podedes ir ese día.

Dentro de pouco haberá noticias sobre o resto do cartel, viaxes organizadas oficiais, as acampadas (Resucamp, Beachcamp, Glamping) e moito máis. Vémonos en Viveiro!

CATEGORÍAS: Resurrection Fest