Presentámosvos oficialmente o cartel da festa de presentación do mércores 11 de xullo, na cal este ano disfrutaremos de:
* Ministry
* Jello Biafra and the Guantanamo School of Medicine
* Powerflo
* Riot Propaganda
* The Qemists
* Teksuo
* Golpe Radikal
Moitos de vós mercáchedes xa o abono de 4 días, pero para aqueles que queren engadir este día ao seu abono normal, ou ben aqueles que só queren/poden acudir este día ao festival, puxemos á venda as entradas para este día. O mellor? Só 12 € máis gastos, incluindo acampada gratuita! E de agasallo, como é habitual, unha bebida de Monster Energy Drink pola cara.
Como novidade, este ano non se celebrará na carpa senón no noso segundo escenario, o Chaos Stage, ampliando recinto para que todos esteamos cómodos dende o primer día e teñamos todos os nosos servizos dispoñibles para todos vós.
Xa podedes mercar estas entradas na nosa web. Se se esgotan anticipadamente, non haberá en taquilla. Non o deixedes para o final.
Vémonos o mércores 11 de xullo!
FACEBOOK
TWITTER
YOUTUBE
INSTAGRAM
SPOTIFY
Contacto