Comunicado oficial: o Resurrection Fest Estrella Galicia posponse a 2021

Ola a todo o mundo,

O primeiro, grazas unha vez máis a tod@s pola paciencia e comprensión durante todas estas semanas de incerteza e polo apoio recibido tralo noso anterior comunicado explicando a situación. Sodes o mellor público de España!

O segundo é que nos gustaría decirvos que xa vos podemos comunicar oficialmente que o 15º aniversario do Resurrection Fest aplázase a 2021. Consideramos que é a única decisión posible, a única acertada e correcta, e que prioriza a saúde de todos os asistentes, staff e artistas. É por iso que a 15ª edición do Resurrection Fest Estrella Galicia realizarase do 30 de xuño ao 3 de xullo de 2021, a mesma fin de semana que este ano. As entradas serán válidas sen necesidade de facer nada y todo indica que o cartel será practicamente o mesmo incluidos os cabezas de cartel e co aliciente de novos artistas e sorpresas. Antes de dar máis detalles, queremos contarvos que para nós é o momento máis duro da nosa historia e, aínda que non houbese tanta comunicación como a miúdo, houbo moito traballo interno, máis ca nunca. Por iso gustaríanos explicarvos a situación actual do festival.

Como xa dixéramos, non hai ningún seguro que cubra unha epidemia como esta. Non se esperou a cobrar ningún seguro como algúns entendéchedes por outros comunicados. Era necesaria a forza maior para romper contratos canto antes e poder aplazar todo sen que houbese problemas legais para 2021. Lamentablemente, as numerosas perdas ás que nos enfrentamos por todo o traballo e inversión feito ata agora terá que ser asumido polo festival, que non contará con ingresos en todo o ano nin ningunha aseguradora ou empresa se fará cargo. Como sabedes, somos un festival independente, polo que agora máis ca nunca pedímosvos o voso apoio e colaboración. 

Como podedes apoiar ao festival? A resposta curta é que o mellor que podedes facer é quedarvos coas entradas actuais, que valerán para o ano que vén de maneira automática sen realizar ningún trámite.  A versión longa: para toda a cultura e en especial a industria da música en directo están a ser momentos moi duros. Eventos que levan ano e medio prepararse e que dependen de celebrarse nuns poucos días en concreto fan que todo o traballo feito ao longo dos meses previos quede en nada, e haxa moitas perdas económicas e de postos de traballo. Tras esgotar as nosas entradas en outubro, esperábamos a máis de 120.000 asistentes ao longo dos nosos 4 días, récord absoluto de asistencia, e tiñamos preparadas moitas sorpresas: cambios no recinto para maior comodidade, decoración, actuacións especiais, etc. Este ano contaríamos con máis de 1.200 empregos directos e 2.700 indirectos, xerando un impacto económico en toda a comarca de máis de 17 millóns de euros nunha soa semana. Todos eses empregos agora perderanse e deixarán nunha mala situación a moitas pequenas e medianas empresas que traballaban na súa meirande parte connosco.

Algúns xa nos fixéchedes saber que queredes axudarnos dalgunha maneira e agradecemos totalmente ese apoio desinteresado. A maior axuda posible que podedes dar é manter as vosas entradas para o ano que vén, algo que nos pedíchedes a gran maioría pola vosa fidelidade e ao ser difícil conseguilas. As entradas serán válidas para 2021 de forma automática, incluíndo tamén o Resucamp ou as viaxes organizadas, e canta máis xente garde a entrada máis fácil será recuperarnos e facer un 15 aniversario por todo o alto. Nin que dicir ten que o cartel será practicamente o mesmo que o xa anunciado e anunciarémolo canto antes. Haberá tamén merchandising especial que poderedes mercar na nosa tenda online, así que tamén podedes axudarnos por esa vía. Se pola contra, sabedes que non ides poder vir, tamén podedes axudar, xa que daremos unha opción segura para poder revender a entrada a un amigo ou familiar que non puidera mercala ao esgotarse, e así, ademais de apoiarnos, podedes facer feliz a alguén que queira vir o ano que vén. Por suposto, se ningunha desas dúas opcións vos veñen ben, poderase tramitar a devolución da entrada. Máis detalles ao respecto na sección de entradas de nosa páxina web.

Gustaríanos tamén premiar a fidelidade que moitos amosades cada ano. Para todo o mundo que se quede coa entrada para o ano que vén, anunciámosvos xa que poderedes disfrutar de diversos beneficios, entre os cales o acceso a uns concertos exclusivos dentro do festival só para vós. Máis información sobre isto máis adiante pero sabemos que sodes o público máis fiel do país, e estamos seguros de que vos poderemos ver a case todos alí.

Durante estes 15 anos pasamos por moitos por muchos altibaixos e sempre saimos adiante coa vosa axuda. Sabede que levamos meses traballando na edición de 2021 e xiras que faremos ao longo do ano que vén. O ano que vén encontrarédesvos cun festival con dous anos de avances, moitas novidades, novas zonas de descanso e esperamos que sexa unha edición incríble. 

Grazas unha vez máis polo voso apoio e comprensión. Apoiade á música e á cultura nestes tempos difíciles. Entre todos sairemos adiante. Vémonos en Viveiro!

Resurrection Fest, 15 years of burning passion.

CATEGORÍAS: Sin categoría