Entradas con desconto dispoñibles para os censados en Viveiro para o Resurrection Fest Estrella Galicia 2018

Atención! A partir do 2 de marzo estarán dispoñibles as entradas a prezo reducido para os empadroados en Viveiro, coma sempre nos Claustros de San Francisco. Os horarios de apertura este ano será: venres de 09:00 a 14:00. Só poderán disfrutar destes abonos os censados fai máis de 6 meses e deberá ensinarse o DNI á hora de mercar e na taquilla (vai por nome). O prezo será de 70 € para os abonos de 3 días e 140 € para as Pandemonium. Ambas estarán limitadas, así que apurade e non agardedes a que se esgoten. Vémonos no Resu!

CATEGORÍAS: Resurrection Fest