Onde durmir

Este ano ofrecémosvos varias zonas de descanso para acomodarse ás vosas necesidades. Dende un principio a zona de descanso sempre foi gratuíta e é algo que seguimos a conservar, unha zona de acampada situada enfrente á praia de Covas.

Co paso do tempo, fumos ampliando as zonas de descanso, creamos a opción de Resucamp, a nosa zona de descanso oficial, e o Beachcamp, a nosa zona de descanso a carón da praia.


Resucamp

Trátase dun emprazamento situado a escasos metros da entrada ao festival, a praia de Celeiro e onde poderás dispoñer de servizos como duchas de auga quente, WC’s, servizo de cafetería, enchufes para a recarga de dispositivos electrónicos, aparcamento ata completar o aforo, etc. En breves á venda.

Tickets + Información sobre o Resucamp