Resukids

Un ano máis alégranos anunciar que o RESURRECTION FEST colaborará de novo con EUREKA ao frente dos nosos queridos ResuKids. ResuKids é a experiencia festivaleira definitiva para os máis peques da casa, á par de ofrecer un servizo para aqueles adultos amantes da música con obligacións e responsabilidades familiares que lles impedirían facer posible un dos seus maiores desexos, asistir ao Resurrection Fest.

Agora máis que nunca, nunha sociedade en contínua evolución son necesarias iniciativas coma ésta. O concepto histórico de festival impedía que tanto pais como fillos menores non puideran disfrutar dunha experiencia musical tan intensa compartindo espazo e tempo.

A todos nós gustaríanos que cando éramos pequenos existira a oportunidade de vivir tan de preto un festival e compartir a experiencia de coñecer de primeira man os segredos mellor gardados para a realización do festival emerxente de música alternativa máis importante do noso país.

Actividades como asistir a unha rolda de prensa, á grabación en directo dunha entrevista, visitar as instalacións do festival, coñecer ás persoas que traballan arreo para facelo posible, subir a un escenario, disfrutar de concertos acústicos inéditos, clínics, ou coñecer de primeira man artistas internacionais son algunhas das cousas das que poderán disfrutar os máis pequenos da casa.

A cultura musical e a do rock en particular debemos inculcarla dende os primeiros anos, e que mellor maneira que facelo nun entorno idílico, con todos os servizos necesarios dispoñibles e ao alcance de todo o mundo.

O futuro é agora, eles son os ResuKids, and they came to ROCK!!

Está pensado para que nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, aprendan disfrutando, e que descubran ou reafirmen aficións que teñen en común cos sus pais, como a música, ir de concertos, ver exposicións, ou viaxar. Os Resukids terán un sitio habilitado a menos dun kilómetro do recinto, nas inmediacións do Casino Club Naútico de Viveiro, o cal conta cunha gran zona axardiñada, cancha de fútbol, baloncesto e tenis, e ese será o sitio de encontro coas familias.

OPCIÓNS

1. SERVIZO DE 17.00 A 22.00 (35€/día)
2. SERVIZO DE 17.00 A 03.00 (55€/día)
3. CAMPAMENTO RESUKIDS

Esta actividade levarase a cabo no caso de facer un grupo de 8 nenos/as como mínimo. O prezo polos 3 días, de xoves a domingo, é de 195€, polo campamento de 4 días, de mércores a domingo, o prezo é de 245€. No caso de estar interesados en días soltos preguntar ao email de contacto.

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS

Para inscripcións, información de prezos e horarios, podes poñerte en contacto en: 654 208 333 ou enviar un correo a resukids@resurrectionfest.es.

Responsable: Alba Guijarro Infante

DOCUMENTOS

Descargar horarios: DOC (suxetos a cambios)

Descargar ficha médica e autorizacións: DOC

Descargar normas: DOC

Descargar documento pérdida de obxectos: DOC

Descargar documento recollida de nenos: DOC

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEOS

MAPA

Facebook do Casino de Viveiro: Enlace.