Postos do mercado

MERCADO

Tes unha tenda de roupa, complementos, discos ou unha marca coa túa propia liña de artigos? Gustaríache estar no mercado do Resurrection Fest e vender os teus produtos?

O market do Resurrection Fest é unha espazo cuberto onde profesionais do sector venden os seus produtos. Importantes marcas internacionais, as mellores tendas de discos co material máis especializado, os complementos máis orixinais ano a ano xúntanse baixo o mesmo teito. Tamén hai espazo para aquelas pequenas marcas que desexan darse a coñecer e escollen o Resurrection Fest como escaparate perfecto para ofertar os seus propios produtos, handmade, liñas de roupa con corte exclusivo… Se che gustaría formar parte deste market, soamente tes que solicitarnos información no seguinte enderezo de correo electrónico: stands@resurrectionfest.es.

CIRCLE MEAL (Área de restauración)

O Resurrection Fest tamén ten a súa zona adicada á gastronomía onde empresas de toda España e cos máis diversos produtos ofertan aos asistentes os seus manxares. Desa forma, os asistentes poden escoller entre parrillas, pizzas artesás, hamburguesas, comida vexetariana, sabores do mundo como tacos mexicanos, sabores americanos, carne arxentina, sabores asiáticos, kebab, etc…, así como un espazo para os amantes dos sabores doces. Se queres participar no Resurrection Fest e ofertar os teus produtos gastronómicos solicita información no seguinte correo electrónico: stands@resurrectionfest.es.