Máis de 6000 abonos vendidos en pouco máis de 2 horas, grazas!

Moitas grazas pola vosa confianza, a todos e cada un de vós, coma sempre sodes os mellores! As dúas ofertas esgotadas en cuestión de tan pouco tempo, máis de 6000 en pouco máis de 2 horas. Grazas unha vez máis! Tras ter 5000 persoas esperando na web ás 10 para as 2000 entradas existentes, decidimos aumentar o cupo da segunda oferta para que todas as persoas que estabades a esperar para mercar ás 10 puidésedes mercar a precio reducido e non xa ao prezo da terceira oferta. O prezo actual dos abonos de 3 días manterase en 105 € + gastos ata novo aviso. Esperamos poder anunciar as primeiras bandas do festival en breves. Vémonos en Viveiro!

CATEGORÍAS: Resurrection Fest