Resurrection Fest, dobre gañador peninsular nos Iberian Festival Awards 2017, incluido o premio á Mellor Comunicación

O Resurrection Fest conseguiu onte de noite en Barcelona alzarse como gañador en dúas das categorías dos Iberian Festival Awards 2017, uns premios que nomean aos mellores festivais de toda a Península Ibérica. Das 6 nominacións iniciais, o Resurrection Fest alzouse co premio ao Mellor directo internacional de toda a Península, grazas á incríble actuación de Iron Maiden e a súa conexión co público “resu” durante a pasada edición, e o da Mellor Comunicación de toda a Península, un premio que recompensa todo p esforzo e agarimo que o festival sempre quixo plasmar dirixíndose ao público, escoitando sempre todos os seus comentarios, críticas e opinións para mellorar ano tras ano, e que iso se vise reflectido en cada detalle. Grazas a todos os que votáchedes por nós e fixéchedes isto posible! :)