75% de abonos vendidos para o Resurrection Fest 2017

Antes de nada, queremos dar grazas aos milleiros de persoas que confiaron en nós un ano máis. A estas épocas de ano, estamos xa nun 75% de abonos de 3 días vendidos. Wow, sodes os mellores! Este ano o ritmo de venda é máis alto que nunca e o Resurrection Fest 2017 apunta a esgotar entradas de novo. Quereriamos dar as grazas a todos pola vosa confianza ante este record histórico e por todo o voso apoio ao longo destes anos. Se estades pendentes das entradas Pandemonium, debedes de saber que están a punto de esgotarse tamén, así que correde.
Por último, teremos novas en nada: toda a información sobre as acampadas non tardará, os derradeiros grupos e o reparto por días serán publicados en breves coas conseguintes entradas diarias de xoves e sábado, á vez que as entradas para os censados en Viveiro… E os lockers estarán a venda tamén, e darémosvos sorpresas que verán próximamente a luz.
 
Estade atentos ás nosas redes e se aínda non tedes a vosa entrada para a edición deste ano, non tardedes moito e collédea antes de que non queden! Rockeros, punkis ou metaleros… Esperámosvos no que vos aseguramos será unha edición histórica, co show máis grande que víchedes nunca. Non vos defraudaremos.
CATEGORÍAS: Resurrection Fest