SOLD-OUT HISTÓRICO: ESGOTADAS TODAS AS ENTRADAS EARLY BIRD PARA O RF2025!

Comprácenos anunciarvos que esgotamos todas a entradas Early Bird en cuestión de unhas poucas horas, superando todas as expectativas. As 12.000 subscricións iniciais, que se ampliaron a 15.000, literalmente voaron!

Estas entradas foron unha oportunidade única e especial para conseguir o pase para o Resurrection Fest 2025 a un prezo reducido antes dos anuncios de bandas.

Queremos darvos as grazas a todos pola vosa confianza e por axudarnos a conseguir este histórico esgotado, que garante a vosa asistencia ao que será o noso gran 20 aniversario.

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS por confiar de novo en nós este ano e para a próxima edición especial.

VÉMONOS EN VIVEIRO POLO 20 ANIVERSARIO!

CATEGORÍAS: Resurrection Fest