Mastodon, Sabaton, Enter Shikari e moitos máis únense ao Resurrection Fest 2017

Alégranos poder anunciar unha nova rolda de bandas que se engaden ao cartel do Resurrection Fest 2017. Imos con elas!

Comezaremos por unha das bandas máis pedidas ao longo destes últimos anos e que non puido vir ata agora: os lexendarios Mastodon serán cabezas de cartel do festival! Presentarán en Viveiro o seu novo disco “Emperor of Sand”, o cal publicarase en marzo, e ademáis ao fin encargaránse de atronarnos cos seus pesados riffs e todo o seu repertorio de clásicos para os amantes do metal. Por outro lado, os sempre divertidos Sabaton traerán por primeira vez o seu show de producción completa a festivais españois e farannos saltar con todos os seus himnos bélicos cantados polo seu carismático frontman Joakim Brodén. Todos cos suecos e o seu tanque!

Dende o Reino Unido e 7 anos despois da súa primeira e última actuación no festival, volven Enter Shikari, máis grandes que nunca e co seu último traballo de estudio “The Mindsweep”, prometendo un frenético concerto para todos os seus fans. Outras lendas do thrash metal que faltaban por vir son os canadienses Annihilator, capitaneados polo mítico Jeff Waters. Darán a coñecer o seu recente traballo “Suicide Society” e non faltarán clásicos coma “Alison Hell” ou “King of the Kill”. A nota extrema darana Obituary cun brutal novo disco homónimo encabezando o Chaos Stage, os brasileiros Krisiun, e os portugueses Holocausto Canibal e Revolution Within.

No nacional, veremos de novo a un dos gañadores do Band Contest 2015, Blaze Out, aos vascos progresivos Quaoar, Porco Bravo traéndonos a súa leria habitual, a Vice Presidentes, aos galegos Ånima e a Late to Scream.

Por último, podemos adelantaros un dos grandes nomes da festa de presentación: os nosos amigos de Soziedad Alkoholika volven a Viveiro presentando o seu nuevo disco e a dar “brea” da boa! Unha das mellores maneiras de comezar o festival.

O cartel queda como vedes embaixo, a falta do cartel completo da festa de benvida, os gañadores do band contest deste ano, as bandas tributo e unhas cantas bandas máis para chegar ás 100 prometidas, repartidas ao longo de 4 días e 4 escenarios.

Agardamos que vos gustase, e vémonos en Viveiro na mellor semana do verán.

Mastodon
Sabaton
Enter Shikari
Annihilator
Obituary
Soziedad Alkoholika (Festa de benvida)
Krisiun
Holocausto Canibal
Blaze Out
Quaoar
Revolution Within
Porco Bravo
Ånima
Vice Presidentes
Late To Scream

Anunciados previamente:

Rammstein (único concerto na Península Ibérica)
Rancid
Dropkick Murphys
Airbourne
Suicidal Tendencies
Arch Enemy
Agnostic Front
Mayhem (tocando “De Mysteriis Dom Sathanas” enteiro)
Eluveitie
Architects
Red Fang
Comeback Kid
Napalm Death
Animals As Leaders
Terror
The Bouncing Souls
Orange Goblin
Snapcase
Korpiklaani
Pentagram
Warbringer
The Devil Wears Prada
Truckfighters
The Black Dahlia Murder
Deez Nuts
The Vintage Caravan
Lost Society
Alcest
Northlane
Karma To Burn
All Out War
Taake
Bury Tomorrow
Wisdom In Chains
Conan
Lords of Black
Wolf Down
Mantar
D.Y.S.
Benighted
Adrift
Besta
The Inspector Cluzo
Malevolence
Stray Train
Noctem
Vita Imana
Bastards
Guerrera
Legacy of Brutality
Reality Slap
Böira
Mutant
CRIM
Killus
Morphium
Trashnos
The Blackjaw
El Altar del Holocausto
Teething
Bala
Tragic Vision
Brothers Till We Die
One For Apocalypse

CATEGORÍAS: Resurrection Fest