Resurrection Fest Estrella Galicia, mellor festival de 2017 nos Premios Martín Códax da Música

Onte recibimos na gala dos Premios Martín Códax da Música o galardón ao Mellor festival do 2017. Queremos dar as grazas á organización polo premio e polo trato, e tamén por suposto a todos vós que facedes posible que gañemos algún premio. Mil grazas unha vez máis! Vémonos en Viveiro.