Acampadas de balde

A acampada A, situada no Parque de Pernas Peón, en Covas, e a tradicional desde os nosos comezos, foi agrandada para acoller a máis xente e engadimos máis baños ca nunca, duchas de auga quente (ademáis das frías xa existentes). Coma sempre, haberá buses cada pouco tempo desde a acampada ao recinto e viceversa por un prezo simbólico. Será a vosa acampada favorita se vos gusta especialmente a festa e o bo ambiente ao lado da praia e do centro de Viveiro. Ademáis, este ano tamén haberá un supermercado ao lado da acampada.

En tódalas acampadas haberá aparcamentos nas proximidades, e poderedes ir dende principios da semana antes de que comece o festival.

NOTA: Este ano non hai acampada B. Para autocaravanas e furgonetas, haberá unha zona preto ao Beachcamp que se poderá empregar para iso.

MAPA