Continuamos facendo historia no Resurrection Fest marcando un novo fito nas nosas axendas tras esgotar os 15.000 abonos Early Bird en cuestión de horas. Todo grazas a vós, que sodes a nosa comunidade e un dos motores imprescindibles para que o festival funcione ano tras ano, impulsando tamén a todo o noso equipo a continuar co duro traballo que supón organizar e coordinar un evento de tales dimensións.
Como sempre buscamos mellorar e ofrecervos a mellor das experiencias, gustaríanos ter en conta a vosa opinión para poñer a punto a próxima edición de 2025, na que celebraremos o noso 20º Aniversario.
AXUDÁDESNOS?
Creamos unha enquisa cos puntos clave para que nos transmitades as vosas opinións. Ademais, ao participar nela, entraredes no sorteo de 2 abonos dobres Pandemonium para a edición de 2025.
¡PARTICIPA AGORA NA ENQUISA PREMENDO NESTE ENLACE!
Comeza o noso 20º aniversario. Comeza a conta atrás. ¡Contamos con vós!
¡Vémonos o 25, 26, 27 e 28 de xuño de 2025 en Viveiro!
FACEBOOK
TWITTER
YOUTUBE
INSTAGRAM
SPOTIFY
Contacto